Alexandre Penas: "Continuamos a traballar para favorecer a accesibilidade en toda a cidade"
A concellería de Infraestruturas atende cada ano preto de 100 solicitudes de accesibilidade

A concellería de Infraestruturas Urbanas atende cada ano preto dun cento de solicitudes específicas de accesibildade. Penas explicou que "ademais de realizar pasos de peóns elevados, que garanten que o cruce sexa a cota 0, nos últimos anos actuamos nun importente número de pasos de peóns para mellorar os rebaixes".
Alexandre Penas lembrou que "desde a concellería de Infraestruturas traballamos nos distintos barrios da cidade, mellorando a estética da zona e as condicións de vida da veciñanza, e planificando o traballo segundo as solicitudes das veciñas e veciños".
- Alex Penas, sobre o barrio da Residencia | Descargar mp3


