Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A concellería de Infraestruturas Urbanas avanza na mellora da accesibilidade con novas adaptacións en beirarrúas do barrio da Residencia

A concellería de Infraestruturas Urbanas avanza na mellora da accesibilidade con novas adaptacións en beirarrúas do barrio da Residencia

Alexandre Penas: "Continuamos a traballar para favorecer a accesibilidade en toda a cidade"

A concellería de Infraestruturas atende cada ano preto de 100 solicitudes de accesibilidade

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Obras en execución
Luns, 30 de marzo de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellería de Infraestruturas Urbanas avanza na mellora da accesibilidade con novas adaptacións en beirarrúas do barrio da Residencia
O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo acompañado polo edil de Infraestruturas Urbanas Alexandre Penas visitou o barrio da Residencia onde a Tenencia de Alcaldía vén vén de comezar unha nova intervención para mellorar a accesibilidade no barrio. Alexandre Penas explicou que "con esta actuación mellorarase a altura dos rebaixes dos pasos de peóns, adaptacións específicas para garantir que as persoas con mobilidade reducida poidan circular pola vía pública sen barreiras".

A concellería de Infraestruturas Urbanas atende cada ano preto dun cento de solicitudes específicas de accesibildade. Penas explicou que "ademais de realizar  pasos de peóns elevados, que garanten que o cruce sexa a cota 0, nos últimos anos actuamos nun importente número de pasos de peóns para mellorar os rebaixes".

Alexandre Penas lembrou que "desde a concellería de Infraestruturas traballamos nos distintos barrios da cidade, mellorando a estética da zona e as condicións de vida da veciñanza, e planificando o traballo segundo as solicitudes das veciñas e veciños".

 
Audio
  • Alex Penas, sobre o barrio da Residencia | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/concelleria-de-infraestruturas-urbanas-avanza-na-mellora-da-accesibilidade-con-novas

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/20260330_alex_penas_rebaixes.mp3