Venres, 14 de agosto de 2020
Fonte:
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Muller, Igualdade e Xuventude, Ana Abelleira, visitou este venres aos mozos e mozas que participaron dende finais de xullo no Curso de recursos lúdicos para a animación, que tivo lugar no centro de convivencia Uxío Novoneyra. O Concello organizou esta actividade, enmarcada na programación do +Xti, subvencionada polo Plan Nacional de Drogas, cun total de 60 horas. Neste curso, que rematou esta mañá, as e os participantes trataron o deseño e programación de actividades lúdicas, dinámicas e xestión de grupos, xogos e cancións, técnicas de globoflexia, maquillaxe de fantasía e malabares e técnicas circenses.