O alcalde recibe á karateca lucense Uxía Folgueira tras lograr a prata no Europeo de Chipre, na categoría cadete - júnior de kata

Miguel Fernández felicitou á deportista de Lugo polos seus excelentes resultados neste campionato e polos dous segundos postos acadados o ano pasado na Youth League.

Sábado, 21 de febreiro de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O alcalde recibe á karateca lucense Uxía Folgueira tras lograr a prata no Europeo de Chipre, na categoría cadete - júnior de kata

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, recibiu á karateca Uxía Folgueira, que ven de lograr hai escasos días a medalla de prata no Campionato Europeo disputado en Chipre, na categoría cadete - júnior de kata, como integrante da Selección Española de Karate. O rexedor municipal, que estivo acompañado polo concelleiro de Deportes, Jorge Bustos, felicitouna por estes excelentes resultados, que se suman a outros logros deportivos acadados ao longo da pasada tempada, entre os que destacan as dúas medallas obtidas na Youth League, a liga mundial para mozos e mozas karatecas. Miguel Fernández sinalou que “é todo un orgullo que deportistas da talla de Uxía Folgueira leven o nome de Lugo aos distintos compromisos a nivel nacional, europeo e mundial”, ao tempo que destacou os valores que representa esta deportista, “como o compromiso, o traballo e a superación”. 
 
Tamén fixo referencia a importancia que está a ter na súa traxectoria e logros deportivos o club Shihan, no que adestra desde que tiña catro anos. Por último o alcalde desexoulle moitos éxitos na súa carreira deportiva, na que xa conta con importantes logros, posto que con só 14 anos xa é un referente nacional na súa disciplina, ademais de ser a única galega en lograr dous medallas no Mundial de kata, na denominada Youth League, e campiona en todas as categorías autonómicas nas que competiu, tanto en kata como en kumite.

Multimedia

  • O alcalde recibe á karateca lucense Uxía Folgueira tras lograr a prata no Europeo de Chipre, na categoría cadete - júnior de kata
  • O alcalde recibe á karateca lucense Uxía Folgueira tras lograr a prata no Europeo de Chipre, na categoría cadete - júnior de kata

Noticias relacionadas