A Concellería de Xuventude impulsou esta competición desde os seus inicios, co obxectivo de fomentar o arte da oratoria e a comunicación eficaz entre a mocidade.
O edil desexou sorte ás e ós participantes nesta primeira fase, celebrada esta mañá no salón de plenos, con 20 mozos e mozas de Secundaria, Bacharelato e Universidade.
Bustos eloxiou a importancia deste torneo para fomentar o talento entre a mocidade, “poñendo en valor habilidades e capacidades que poden marcar a diferencia no futuro profesional.

O edil de Urbanismo, Deportes e Xuventude, Jorge Bustos, abriu esta mañá no salón de plenos do Concello a fase preliminar do Torneo Lugo Debate, que disputarase os días 9,10 e 11 de abril, coa participación de máis de 200 estudiantes de Secundaria, Bacharelato e Universidade de toda Galicia. Bustos, que recordou que foi a Concellería de Xuventude a que impulsou este torneo, ao que apoia desde a súa primeira edición, fixo fincapé nas posibilidades que abre para a mocidade, cara a “fomentar o arte da oratoria e a comunicación eficaz”, sinalando ademais que “as habilidades e capacidades que require a oratoria, como o dominio da lingua, a capacidade de transmitir, a de comunicar, a linguaxe non verbal e a elocuencia, poden marcar a diferencia no seu futuro profesional”.
O edil responsable de Xuventude no Concello de Lugo desexou sorte aos 17 participantes que hoxe abriron esta primeira fase, na que tomarán parte un total de 40 estudantes. Algúns e algunhas lograrán a súa clasificación para a vindeira edición do Torneo Lugo Debate 2026, que terá lugar do 9 ao 11 de abril na Escola Universitaria de Relacións Laborais e Recursos Humanos da USC do Campus de Lugo. Ademais, eloxiou “a predisposición dos centros educativos participantes e dos seus docentes que, desde un primeiro momento, fomentaron a actividade de oratoria entre o seu alumnado”.
Por último Jorge Bustos sinalou que, desde a área de Xuventude, “é un orgullo que a nosa cidade sexa durante tres días epicentro do debate, e que reúna a tanto talento mozo para tomar parte nun evento que xa é toda unha referencia a nivel nacional no que respecta á oratoria xuvenil”. Neste sentido lembrou a traxectoria de mozos que comezaron neste torneo e que co paso do tempo lograron ser mellor orador de España na Liga de Debate Universitario e subcampeón do Mundo de Oratoria en Español”. Ademais, Jorge Bustos agradeceu “o traballo e a implicación da asociación Más Debate de Lugo, pola organización deste torneo e pola súa contribución a fomentar o pensamento crítico da mocidade, o traballo en equipo e favorecer o ocio activo para a xuventude”.


