I Concello de Lugo Torneo Benéfico de Mus a favor da Asociación Capaces

A cita combina deporte, convivencia e solidariedade nunha xornada que busca reunir persoas afeccionadas ao mus arredor dunha causa social

Luns, 24 de agosto de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
I Concello de Lugo Torneo Benéfico de Mus a favor da Asociación Capaces

O Hotel Méndez Núñez acolle o 6 de setembro o I Torneo Benéfico de Mus Concello de Lugo, un evento solidario cuxa recadación se destinará integramente á Asociación Capaces, entidade sen ánimo de lucro que apoia a persoas con Trastorno do Espectro Autista, TEA, trastornos de comunicación e ás súas familias.

O torneo, organizado pola Asociación Cultural Lugo Museiros e a Asociación Gaudeamus, desenvolverase en horario de mañá e tarde, das 10:00 ás 14:00 horas e a partir das 16:30 horas. A inscrición, cun custo de 30 euros por persoa, realízase a través da aplicación MusTotal e a organización prevé alcanzar as 50 parellas participantes afeccionadas ao mus.

O Concello de Lugo é o principal colaborador do torneo, cunha aportación destacada en premios, xunto co Hotel Méndez Núñez, Caixa Rural Galega e Torre de Núñez.

 

Multimedia

  • I Concello de Lugo Torneo Benéfico de Mus a favor da Asociación Capaces

Noticias relacionadas