O Concello recupera a xornada de confraternidade dedicada aos maiores

As actividades de balde, están dirixidas a persoas maiores de 65 anos, celebrarase o vindeiro xoves día 1 de outubro no Pazo de Feiras e Congresos e contará con 600 prazas, que se cubrirán por rigoroso orde de inscrición

Venres, 25 de setembro de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa

 Concello de Lugo recuperará a vindeira semana a xornada dedicada aos maiores, unha actividade que se deixou de celebrar nos últimos anos e que o Goberno municipal retoma como unha xornada de encontro, convivencia e recoñecemento.

A actividade celebrarase o día 1 de outubro, ás 14.00 horas, no Pazo de Feiras e Congresos, e incluirá diferentes actividades de balde, música e un espazo de confraternización para as persoas participantes. Contará con 600 prazas, que se cubrirán por rigoroso orde de inscrición.

Como parte da xornada, tamén se organizará unha ruta guiada desde a Casa do Concello ata o Pazo de Feiras e Congresos, para aquelas persoas que desexen realizar este percorrido acompañadas por un guía.

Coa recuperación desta iniciativa, o Concello quere volver ofrecer aos maiores da cidade un espazo específico de encontro e confraternización, recuperando unha actividade que xa se celebraba anos atrás e poñendo en valor a súa participación na vida da cidade.

Retirada das tarxetas

Para participar será necesario retirar previamente a correspondente tarxeta de invitación.

As persoas interesadas poderán acudir á Casa do Concello mañá, sábado, en horario de 10.00 a 13.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas.

O domingo, poderán retirarse tamén na Casa do Concello de 10.00 a 13.00 horas.

O luns e o martes, a retirada realizarase en horario de 9.00 a 14.00 horas, na Casa do Concello e nese mesmo horario no Centro Social de A Milagrosa.

Noticias relacionadas