A Praza Maior acollerá este xoves e venres as xornadas "Condu-Cero", unha proposta do Concello de Lugo dentro do programa +XTI para sensibilizar á mocidade sobre os riscos de combinar drogas, alcol e conducción.

Xoves, 16 de xullo de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Praza Maior acollerá este xoves e venres as xornadas "Condu-Cero", unha proposta do Concello de Lugo dentro do programa +XTI para sensibilizar á mocidade sobre os riscos de combinar drogas, alcol e conducción.

Baixo o lema "Mocidade, drogas e conducción", a actividade achega á rúa unha experiencia directa e participativa. Gafas de simulación, circuítos con vehículos de mobilidade persoal e xogos de habilidade permitirán a calquera persoa comprobar, en primeira persoa, como afectan o alcol e outras substancias á capacidade de reacción e ao control ao volante.

A cita é mañá venres 17 e o sábado 18 de xullo, de 16:30 a 21:30 horas, na Praza Maior. A actividade é de balde e está dirixida á poboación de 14 a 35 anos, aínda que calquera persoa interesada pode achegarse e participar.

Mitos que caen, realidades que quedan

Como remate de cada xornada, terá lugar unha acción especial na que se desmontarán, un a un, os mitos máis estendidos sobre o consumo de alcol e drogas. Ideas como "eu controlo " ou "só é unha copa" quedarán fronte a fronte cos datos reais sobre risco e conducción, nun exercicio pensado para que a mocidade tome decisións informadas, non baseadas en crenzas erróneas.

O espazo contará con información especializada, música e bebidas 0% para quen participe, nun ambiente pensado para pasalo ben mentres se aprende. O venres a xornada pecharase coa música de DJ Popy García e o sábado co DJ Alex Mei.

Unha iniciativa que aposta por chegar á mocidade coa súa propia linguaxe: experiencias reais, sen sermóns, para que cada persoa comprobe por si mesma canto pesa unha decisión ao volante.

Noticias relacionadas