Iria Buide presenta o Torneo de Xadrez Escolar de Nadal

A Escola Luguesa de Xadrez e a Concellería de Educación e Difusión do Coñecemento do Concello de Lugo organizan este evento o vindeiro domingo 14 pola tarde.

O soto da Praza de Abastos acollerá unha nova edición "do torneo que conta con máis participación cada ano", explicou Iria Buide.

Martes, 09 de decembro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Iria Buide presenta o Torneo de Xadrez Escolar de Nadal

A Concellería de Educación e Difusión do Coñecemento en colaboración coa Escola Luguesa de Xadrez organizan este domingo unha nova edición do Torneo de Xadrez Escolar de Nadal. Para a concelleira, Iria Buide, "tratase de integrar unha disciplina como o xadrez en un espazo privilexiado como a Praza de Abastos" e egandiu "imos converter o entorno da rúa Quiroga Ballesteros no lugar que Lugo merece para expansión do coñecemento". O Torneo foi presentado polo director da Escola Lucense de Xadrez, Pablo Castro,  e pola edil de Educación Iria Buide.
 
O torneo terá lugar o vindeiro domingo, 14 de decembro, entre as 16 e as 20 horas. As persoas interesadas en participar no torneo deberán realizar a  inscrición,  entregando o formulario ao persoal da Escola Luguesa de Xadrez ou escribindo un correo electrónicio a escolaluguesaxadrez@gmail.com.

O torneo será totalmente gratuíto e os emparellamentos realizaranse a través do programa informático Swiss Perfect. Haberá trofeos para as tres primeiras clasificadas de cada categoría e agasallos para todas e todos os participantes.

Audio

  • A Concellería de Educación e Difusión do Coñecemento, Iria Buide, sobre o Torneo de Xadrez Escolar de Nadal | Descargar mp3

Multimedia

  • Iria Buide presenta o Torneo de Xadrez Escolar de Nadal

Noticias relacionadas