Aínda quedan prazas para a excursión á estación invernal de Leitariegos, organizada pola área de Xuventude, para o vindeiro día 10

As e os interesados en participar nesta viaxe, de forma gratuíta, poden inscribirse na dirección https://formulario.xuventudelugo.gal/ ata o próximo venres, antes das doce da mañá. 

Luns, 05 de xaneiro de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Aínda quedan prazas para a excursión á estación invernal de Leitariegos, organizada pola área de Xuventude, para o vindeiro día 10

A Área de Xuventude e Deportes do Concello de Lugo xa ten todo preparado para o desenvolvemento dunha das actividades organizada por este área municipal nesta época do ano, como é a viaxe á neve, en concreto á estación invernal de Leitariegos, en León. Aínda é posible participar nesta actividade para o que é necesario inscribirse na dirección http://formulario.xuventudelugo.gal/, antes das 11.59 horas do venres día 9. 
 
A viaxe terá lugar o vindeiro sábado, 10 de xaneiro, con saída ás 08.00 da mañá e chegada ás 20.00 horas desde a Casa da Xuventude. Esta área municipal reservou 50 prazas para esta excursión, que ten como obxectivo desfrutar do deporte de inverno nunha das estacións de inverno preferidas para os amantes da natureza e das máis impresionantes, polas súas vistas á cordilleira cantábrica. 
 
O concelleiro de Xuventude, Jorge Bustos, sinala que “esta é unha das actividades da programación de inverno, na que participan veciños e veciñas de distintos rangos de idade, afeccionados aos deportes de inverno e que posibilita non só a practica destas disciplinas deportivas senón tamén pasar o día na Estación invernal Val Laciana-Leitariegos, unha auténtica xoia da natureza, na fronteira entre Asturias e León, e un dos lugares máis destacados no turismo de montaña”. 
 
Aínda é posible inscribirse nesta actividade, dirixida a mozos e mozas, de entre 18 e 35 anos, para a que hai reservadas 50 prazas. Entre os asistentes está o grupo de gañadores da xincana ‘En busca do cofre perdido’, celebrada na Casa da Xuventude o ano pasado. A asignación de prazas realizarase por rigorosa orde de entrada. 

Multimedia

  • Aínda quedan prazas para a excursión á estación invernal de Leitariegos, organizada pola área de Xuventude, para o vindeiro día 10
  • Aínda quedan prazas para a excursión á estación invernal de Leitariegos, organizada pola área de Xuventude, para o vindeiro día 10

Noticias relacionadas