Alcaldía agarda que a elección de Rosa Crujeiras como reitora da USC sexa “punto de inflexión no avance do Campus Terra e da cidade”

Miguel Fernández felicita á catedrática de Estadística e a todo o seu equipo e ofrece a colaboración decidida do Concello para contribuír á mellora da excelencia do Campus, ao tempo que agradece a súa vontade para impulsar a institución universitaria lucense.

Xoves, 12 de marzo de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Alcaldía agarda que a elección de Rosa Crujeiras como reitora da USC sexa “punto de inflexión no avance do Campus Terra e da cidade”

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, expresou, no nome do Concello de Lugo, os seus parabéns a Rosa Crujeiras e ao seu equipo, pola victoria conseguida onte e que a converte na nova reitora da USC e tamén na primeira muller que ostenta este cargo en toda a historia da institución universitaria. Neste sentido, o rexedor municipal sinalou que “ademais de facer historia para a USC, estou convencido de que o seu traballo será clave para que o Campus de Lugo logre unha maior independencia, contribuíndo ao desenvolvemento da cidade desde o punto de vista social, económico, educativo e poboacional”.

Sobre a catedrática de Estadística, o alcalde sinalou que “converteuse onte na primeira reitora da historia da USC, cun proxecto ilusionante que logrou o apoio da gran maioría da comunidade universitaria”, e de feito, lembrou que “durante a reunión que mantiven con ela e con parte do seu equipo coñecín as súas propostas para avanzar no proceso de internacionalización do Campus de Lugo e nas medidas que permitirán unha maior defensa das súas titulacións”.

En dito encontro, celebrado o pasado 4 de febreiro, “falamos dalgunhas das liñas do seu programa nas que, desde o Concello de Lugo, estamos especialmente interesados, como son recuperar o Pazo de Montenegro como sede da Vicerreitoría ou garantir a continuidade e o futuro da Escola de Enfermería”, explicou Miguel Fernández. Por iso, o alcalde sinalou que “para logralas e avanzar nas outras medidas que o seu programa contempla para Lugo, terá desde o minuto un o noso apoio decidido para que o Campus Terra manteña e mellore o seu nivel de excelencia”.

Multimedia

  • Alcaldía agarda que a elección de Rosa Crujeiras como reitora da USC sexa “punto de inflexión no avance do Campus Terra e da cidade”
  • Alcaldía agarda que a elección de Rosa Crujeiras como reitora da USC sexa “punto de inflexión no avance do Campus Terra e da cidade”

Noticias relacionadas