O salón do ocio infantil e xuvenil volve un ano máis ao Pazo de Feiras, arrancando cunha xornada de portas abertas froito da colaboración de Concello e Deputación
- Tema

Rubén Arroxo, Tenente Alcalde do Concello de Lugo e Maite Ferreiro, concelleira de Cultura visitaron a edición 2025 do salón de ocio infantil e xuvenil, XuvenLugo no Pazo de Feiras cunha xornada de portas abertas froito da colaboración da Tenencia de Alcaldía e da Vicepresidencia da Deputación co evento.
O XuvenLugo 2023 poderá visitarse do ata o día 23 e do 26 ao 30 e, xa en xaneiro, os nenos e nenas gozarán das actividades do día 1 ao 4. O horario será de 16:30 a 20:30 e hai diferentes prezos: a entrada xenérica terá un custo de 9 euros, e o bono para grupos de 10 persoas poderá adquirirse por un total de 80 euros.
O evento celebrará días sen ruído o venres 26, o luns 29, o xoves 1 e o domingo 4 de xaneiro, ademáis, o luns 23 e o domingo 4, Santa Claus e a Paxe Real visitarán a instalación.


