O concello colabora coa celebración de dous campus de fútbol de verán, no Palomar e A Cheda, organizado polo Club Casás

Martes, 02 de xuño de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O concello colabora coa celebración de dous campus de fútbol de verán, no Palomar e A Cheda, organizado polo Club Casás

O Concelleiro de Deportes, Infancia e Xuventude, Damián Carballo Méndez, ratifica o compromiso da Corporación Municipal co deporte base apostando neste caso polo fútbol sala e fútbol grande coa presentación de dous Campus deportivos, á que asistiron os organizadores, partners e Administacións participantes.

A proposta do Campus Inter céntrase no fútbol sala e terá lugar do 29 de xuño ó 3 de xullo nas instalacións do Polideportivo Municipal O Palomar e ofrece dous equipamentos oficiais de xogo, metodoloxía propia, visita de ex xogadores de inter fútbol sala, orla conmemorativa e gala final. 

As inscricións realizaranse no enlace: https://www.intermovistar.com/campus.

Máis información a través do correo electrónico: campusmovistarinter@lider-sport.es

Pola súa parte, o Campus Icons, promocionando o fútbol grande, será do 6 ó 10 de xullo no campo municipal A Cheda e inclúe na súa programación entrenamentos, masterclass, fútbol cup e gala final.

Información sobre a inscrición no código QR adxunto. 

Máis información en campus@lider-sport.es

O horario de ambos campus será de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Como non podía ser doutro xeito, o Concello pon a disposición de iniciativas deportivas as instalacións municipais como son O Palomar e o Campo A Cheda.

Multimedia

  • O concello colabora coa celebración de dous campus de fútbol de verán, no Palomar e A Cheda, organizado polo Club Casás

Noticias relacionadas