A Corporación municipal recibe ao club Star Dance polos éxitos acadados no Campionato de España de Hip Hop

Xoves, 28 de maio de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Corporación municipal recibe ao club Star Dance polos éxitos acadados no Campionato de España de Hip Hop

A Corporación municipal ofreceu esta tarde unha recepción oficial no Salón de Sesións ao club lucense Star Dance en recoñecemento aos excelentes resultados acadados no Campionato de España de Hip Hop.

No acto participaron a alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Deportes, Damián Carballo, que trasladaron as felicitacións aos integrantes do club polos éxitos conseguidos nunha das principais citas nacionais desta disciplina.

Entre os resultados acadados destacan:

  • Primeiro posto na categoría infantil
  • Primeiro posto na categoría de parellas
  • Segundo posto na categoría absoluta
  • Segundo posto na categoría Megacrew
  • Terceiro posto na categoría junior

Desde o goberno local poñen en valor o esforzo, a constancia e o traballo desenvolvido tanto polo alumnado desta escola así como polo equipo técnico e as familias, destacando ademais o papel que desempeñan clubs como Star Dance na promoción do deporte base e na proxección de Lugo a nivel nacional.

Noticias relacionadas