O Concello ultima ‘Un San Froilán para todos’, cunha programación gratuíta e inclusiva 

O Concello manterá a mesma partida municipal do ano pasado, á espera de coñecer se haberá un recorte na achega da Deputación, que pasaría de 350.000 a 50.000 euros

Martes, 18 de agosto de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
comisión festas 18 de agosto 2026

O Concello de Lugo ultima a programación do San Froilán 2026, que se presentará na súa totalidade ao longo deste mes de agosto, unha vez pechados os últimos detalles.

Na reunión da Comisión de Festas celebrada esta tarde, o Goberno local trasladou ao BNG que inclúe case o 90% das propostas que formularon, e que se atopa estudando outra presentada pola asociación sociocultural galego cubana.

Baixo o lema “Un San Froilán para todos”, o Concello prepara unhas festas abertas ao conxunto da cidadanía, cunha programación gratuíta, inclusiva e pensada para todos os públicos.  O concelleiro de Cultura e Educación subliña que se está traballando para que o San Froilán sexa unha celebración compartida por toda a cidade, contando coas achegas dos diferentes grupos municipais e facendo das festas un espazo aberto ao conxunto dos lucenses.

No apartado económico, o Concello manterá para a organización do San Froilán a mesma partida orzamentaria municipal do ano pasado, á espera de coñecer finalmente se a Deputación de Lugo aplicará o recorte anunciado na súa achega, que pasaría dos 350.000 euros das anteriores edicións aos 50.000 euros. O concelleiro de Cultura, Javier Vázquez, sinalou que o Concello “mantén a esperanza de que a Deputación rectifique e non aplique o recorte anunciado”.

Ademais, o San Froilán coincidirá este ano cunha nova edición do Mariña Fest, evento no que tamén colabora o Concello, polo que ambas propostas convivirán no calendario festivo e cultural da cidade durante esas datas

Audio

Noticias relacionadas