Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Ana Abelleira visita á mocidade do curso de recursos lúdicos para a animación, organizado polo Concello

Ana Abelleira visita á mocidade do curso de recursos lúdicos para a animación, organizado polo Concello

  • Tema
    • Formación,
    • Xuventude,
    • Programas xuvenís
Venres, 14 de agosto de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Ana Abelleira visita á mocidade do curso de recursos lúdicos para a animación, organizado polo Concello

A Concelleira de Muller, Igualdade e Xuventude, Ana Abelleira, visitou este venres aos mozos e mozas que participaron dende finais de xullo no Curso de recursos lúdicos para a animación, que tivo lugar no centro de convivencia Uxío Novoneyra. O Concello organizou esta actividade, enmarcada na programación do +Xti, subvencionada polo Plan Nacional de Drogas, cun total de 60 horas. Neste curso, que rematou esta mañá, as e os participantes trataron o deseño e programación de actividades lúdicas, dinámicas e xestión de grupos, xogos e cancións, técnicas de globoflexia, maquillaxe de fantasía e malabares e técnicas circenses.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ana-abelleira-visita-mocidade-do-curso-de-recursos-ludicos-para-animacion-organizado-polo