O Concello incorpora un axente local de innovación para impulsar os programas de vangarda tecnolóxica do proxecto Novo Norte

Lugo é unha das cinco urbes galegas que obtivo a subvención da Secretaría de Estado de Ciencia, Innovación e Universidades, no marco das cidades que integran a Red Innpulso.

O novo axente local, que comezará a funcionar a primeiros de 2026, prestará asistencia tecnolóxica e asesoramento dixital en todas as áreas e servizos municipais.

O seu traballo centrarase nos plans máis novidosos do Novo Norte, como a creación da Parroquia 55, de carácter virtual, ou na continuidade da Rede de Destinos Turísticos Intelixentes.

Xoves, 11 de decembro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello incorpora un axente local de innovación para impulsar os programas de vangarda tecnolóxica do proxecto Novo Norte

O Concello de Lugo incorporará un axente local de innovación para impulsar os programas de vangarda tecnolóxica das distintas áreas e concellerías, con especial atención aos plans máis avanzados do proxecto Novo Norte, como pode ser a creación e posta en funcionamento da parroquia 55, de carácter virtual. A administración local incorporará a primeiros do ano que vén a este axente local, gracias a que Lugo foi unha das cinco urbes de Galicia en obter a subvención da Secretaría de Estado de Ciencia, Innovación e Universidades, no marco das cidades que integran a Red Innpulso. A prestación de asistencia tecnolóxica e de asesoramento dixital nos distintos servizos municipais, permitirá ao Concello de Lugo seguir avanzando noutros proxectos como poden ser a Rede de Destinos Turísticos Intelixentes ou na aplicación das novas tecnoloxías aos servizos municipais para unha administración máis áxil, accesible e eficiente.

O edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, sinalou con respecto á contratación deste axente local de innovación “que vai ser importante para manter e seguir traballando nun Concello de vangarda, que avanza no eido dixital e tecnolóxico. Ademais, terá especial implicación na posta en marcha dalgúns dos proxectos máis innovadores do Novo Norte, como pode ser a creación e entrada en funcionamento da parroquia 55, que é de carácter virtual, e que consiste nun rexistro dixital para dinamizar á poboación migrante e facer actividades de participación e integración social la través das TICs”.

Mauricio Repetto explica que “esta será a segunda vez que o Concello de Lugo conte cun axente local de innovación, gracias a obtención desta subvención, que xa foi un activo máis de cara á implantación de servicios á cidadanía mediante a administración electrónica e tamén prestando asesoramento no CEI Nodus aos proxectos de promoción ao ecosistema local de emprendimiento e innovación, en todo o que se refire á dixitalización e servizos tecnolóxicos no noso viveiro de empresas, onde precisamente terá a súa sede este axente local de innovación”.

Neste sentido, continuará, como se fixo nas convocatorias anteriores, prestando apoio en materia de innovación, coñecemento das aportacións específicas a cada empresa, para a súa mellora en todos os aspectos, tanto organizativos, tecnolóxicos ou a través de ferramentas dixitais de utilidade para mellorar a funcionalidade ea s estratexias destes negocios”.

Ademais, está previsto que continúe prestando asistencia en materia de innovación noutros plans e servizos, como na Rede de Destinos Turísticos Intelixentes, como ferramenta transformadora cara a un modelo de xestión intelixente e un desenvolvemento turístico máis moderno, sostible e innovador, ou con iniciativas destinadas á modernización da administración local e de moitos dos servizos aos que ten acceso a cidadanía, permitindo unha maior participación da veciñanza lucense na política municipal.

Tal e como explica Mauricio Repetto a figura deste axente local de innovación tamén continuará prestando asistencia na redacción das memorias nas licitacións e proxectos públicos, en materia de novas tecnoloxías de cara a unha administración local máis áxil, eficaz e eficiente.

Audio

  • O edil de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, sobre a incorporación dun axente local de innovación ó Concello | Descargar mp3

Noticias relacionadas