Elena Candia entrega o recoñecemento «Toda unha vida» nos III Premios de Turismo Onda Cero Galicia

A alcaldesa de Lugo participou na gala celebrada na cidade, que recoñeceu a traxectoria de oito profesionais, empresas e iniciativas do sector turístico galego

Mércores, 21 de outubro de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Elena Candia entrega o recoñecemento «Toda unha vida» nos III Premios de Turismo Onda Cero Galicia

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou esta tarde na terceira edición dos Premios de Turismo Onda Cero Galicia, celebrada na cidade, onde entregou o recoñecemento «Toda unha vida» á arquitecta e empresaria Luisa García Gil.

A gala distinguiu oito profesionais, empresas e iniciativas vinculadas ao turismo galego. Entre as persoas e entidades recoñecidas figuran o Balneario de Mondariz, o Hotel Bela Fisterra, Ribadavia e o histórico Hotel Méndez Núñez de Lugo.

Durante o acto, Elena Candia felicitou as persoas premiadas e puxo en valor o traballo dos profesionais que contribúen ao desenvolvemento e á promoción turística de Galicia.

A alcaldesa tamén destacou o potencial turístico de Lugo, a súa riqueza patrimonial e cultural e a importancia de seguir colaborando co sector para reforzar a proxección da cidade como destino.

Multimedia

  • Elena Candia entrega o recoñecemento «Toda unha vida» nos III Premios de Turismo Onda Cero Galicia

Noticias relacionadas