Unha unidade de Protección Civil do Concello de Lugo colaborou na contención dun verquido nun afluente do Río Parga

Xoves, 13 de maio de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Cinco voluntarios de Protección Civil do Concello de Lugo actuaron este mediodía nun verquido nun afluente do río Parga producido por un accidente de tráfico na A-6 na zona de Sete Muiños.

O equipo do Concello de Lugo participou na contención do verquido en colaboración coa Confederación Hidrográfica, Tragsa e o Concello de Guitiríz.

A unidade de Protección Civil de Lugo é a única de Galicia que conta coas barreiras de contención de verquidos que se requiren nestos casos.

Multimedia

Noticias relacionadas