Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Unha unidade de Protección Civil do Concello de Lugo colaborou na contención dun verquido nun afluente do Río Parga

Unha unidade de Protección Civil do Concello de Lugo colaborou na contención dun verquido nun afluente do Río Parga

  • Tema
    • Urbanismo
Xoves, 13 de maio de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Cinco voluntarios de Protección Civil do Concello de Lugo actuaron este mediodía nun verquido nun afluente do río Parga producido por un accidente de tráfico na A-6 na zona de Sete Muiños.

O equipo do Concello de Lugo participou na contención do verquido en colaboración coa Confederación Hidrográfica, Tragsa e o Concello de Guitiríz.

A unidade de Protección Civil de Lugo é a única de Galicia que conta coas barreiras de contención de verquidos que se requiren nestos casos.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/unha-unidade-de-proteccion-civil-do-concello-de-lugo-colaborou-na-contencion-dun-verquido-nun