- Tema
Luns, 25 de xaneiro de 2016
Fonte:
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, mantivo este luns unha reunión con 8 representantes dos comerciantes do mercadiño de Frigsa para escoitar as súas inquedanzas sobre o funcionamento do recinto feiral. No encontro, no que se trataron cuestións como a colocación dos vehículos no mercado, a edil comprometeuse a manter un diálogo permanente cos vendedores co obxectivo de asegurarlles o desenvolvemento da súa actividade.