O Cemiterio está a funcionar con horario ampliado ata o 2 de novembro, abrindo de 9:30 a 19:00.
A Praza de Abastos acollerá o mercado das flores os días 29, 30 e 31 de outubro de 8:00 a 19:30.

Cristina López, concelleira Participación e Servizos para a Veciñanza, presentou as actividades que se realizarán no Cemiterio enmarcadas na celebración do 1 de novembro. Cristina López explicou que a actividade se estenderá ao longo de todo o mes, "achegando un ano máis unha serie de actividades diversas coas que agardamos que toda a veciñanza se achegue ao cemiterio", explicou Cristina López.
Un ano máis, na xornada do 1 de novembro, repetirase a iniciativa "concerto infinito", con distintos grupos de música da Asociación Músico Crisanto tocando ao longo e ancho do cemiterio para lograr unha sonorización en toda a instalación. Estes concertos terán lugar na xornada de mañá, de 11:30 a 14:30, e pola tarde, de 16 a 18 horas. O día 2, celebrarase a ofrenda floral da Corporación Municipal a todos os defuntos do Cemiterio Municipal, a partir das 12:30.
O recinto do cemiterio municipal de San Froilán permanecerá aberto ao público, de xeito ininterrumpido, de 9:30 h a 19:00 h, os días 28, 29, 30 e 31 de outubro con motivo da preparación da festividade e o 1 e 2 de novembro. As veciñas e veciños poderán adquirir as súas flores no Mercado das Flores, que volverá celebrarse no soto da Praza de Abastos os días 29, 30 e 31 de outubro entre as 8:00 e as 19:30. O venres 31 pola mañá celebrarase Mercado tradicional e pola tarde ata as 19:30, o mercado das flores.
Autobús especial
A ruta especial partirá da parada de Obras Públicas, continuando pola Ronda da Muralla, a rúa Santiago e a Volta da Viña, chegando ao cemiterio despois de pasar pola Estrada Vella de Santiago. A ruta de regreso ao centro da cidade pasará pola Estrada Vella de Santiago, a rúa Santiago e a Ronda da Muralla, rematando na parada de Obras Públicas.
Cada hora, cunha frecuencia de 30 minutos, pódese subir ao autobús en Obras Públicas, mentres que as chegadas ao cemiterio serán ás 13:30 e ás 13:45. Este autobús estará dispoñible durante as horas punta no cemiterio, funcionando o 31 de outubro de 15:00 a 19:00 e 1 de novembro de 10:00 a 19:00.


