O alcalde salientou que “con este nomeamento seguimos reforzando os servizos municipais e afrontando novos retos en materia de persoal”.

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, presidiu esta mañá a toma de posesión dun funcionario de carreira, que se incorpora como Técnico Medio de Xestión á area de Persoal do Concello de Lugo. No acto, no que estivo presente a concelleira responsable de Xestión Integral e Recursos Internos, Ana González Abelleira, o rexedor municipal destacou que “con esta incorporación seguimos reforzando os servizos municipais e en especial área de Persoal”. Neste sentido, tanto Miguel Fernández como Ana Abelleira falaron deses importantes obxectivos fixados na área de persoal do Concello de Lugo, como son avanzar na carreira profesional, na RPT e nos procesos selectivos.



