O Concello de Lugo informa de que a normativa obriga ao cambio de contadores con máis de 12 anos, pero insiste en que está pediente da resolución do PERTE do Ciclo da Auga, a finais de setembro, para determinar o sistema que adopta.
Recomenda agardar ata a resolución desta convocatoria de fondos europeos, cando decidirá se cambia por contadores dixitais ou analóxicos só os de titularidade municipal ou todos os dados de alta por sistemas dixitais.
Mentras tanto, nos casos de contadores que non funcionan ou os que se instalan por primeira vez será imprescindible o cambio por un novo, que poderá ser analóxico.
O Concello de Lugo está a recibir estes días preguntas da veciñanza sobre a obrigatoriedade do cambio de contadores de auga, que responde a unha normativa que esixe o cambio de contadores con máis de 12 anos de antigüidade, prorrogables por outros cinco con verificación favorable.
Desde o Concello se aclara que se está pendiente da resolución do PERTE do Ciclo da Auga, unha convocatoria de fondos europeos á que opta Lugo para a dixitalización do ciclo da auga, cuxa resolución darase a coñecer a finais de setembro. No caso de que se concedan ditos fondos, o Concello decidirá se cambia os contadores de titularidade municipal por outros dixitais ou analóxicos, ou todos os dados de alta por sistemas dixitais.
Mentres tanto, no caso daqueles contadores que non funcionan correctamente, por antigüidade como os de esferas ou que están estropeados por outros motivos, así como os de altas novas, será imprescindible o cambio por un novo, que nestes supostos poderá ser analóxico.

