Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Rosana Rielo reúnese cos comerciantes do mercado de Frigsa para escoitar as súas inquedanzas

Rosana Rielo reúnese cos comerciantes do mercado de Frigsa para escoitar as súas inquedanzas

  • Tema
    • Servizos xerais,
    • Mercados
Luns, 25 de xaneiro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rosana Rielo reúnese cos comerciantes do mercado de Frigsa para escoitar as súas inquedanzas

 A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, mantivo este luns unha reunión con 8 representantes dos comerciantes do mercadiño de Frigsa para escoitar as súas inquedanzas sobre o funcionamento do recinto feiral. No encontro, no que se trataron cuestións como a colocación dos vehículos no mercado, a edil comprometeuse a manter un diálogo permanente cos vendedores co obxectivo de asegurarlles o desenvolvemento da súa actividade.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/rosana-rielo-reunese-cos-comerciantes-do-mercado-de-frigsa-para-escoitar-suas-inquedanzas