Rubén Arroxo e Cristina López presentan o calendario do 2026 elaborado polo Arquivo Municipal

A edil de Participación realizará unha rolda de visita ás parroquias protagonistas do calendario.

A nova edición do proxecto "A terra entre as mans" recolle imaxes e documentos históricos relacionados co rural e o entorno da cidade.

Xoves, 01 de xaneiro de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo e Cristina López presentan o calendario do 2026 elaborado polo Arquivo Municipal

O tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo e a edil de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, presentaron o calendario de 2026 editado pola área de Participación e elaborado con imaxes pertencentes aos fondos do Arquivo Municipal. Este ano, baixo o título a terra entre as mans, recóllense imaxes e documentos históricos relacionados con distintas parroquias de Lugo.

A edil de Participación comeza deste xeito unha rolda de visitas ás distintas parroquias que forman parte do proxecto, "un gran éxito cada ano que nos fai manter un serio compromiso para visibilizar o rural de Lugo e súa historia".

López quixo facer especial fincapé "no papel dos nosos antepasados e da súa importante labor que continúa a chegar ata o presente, todo en parte grazas á información que poden proporcionar as imaxes antigas sobre a vida cotiá, as tradicións e a cultura doutras épocas".

Todas as persoas interesadas poden recoller o seu calendario retirarse nas oficinas da área de Participación.

Multimedia

  • Rubén Arroxo e Cristina López presentan o calendario do 2026 elaborado polo Arquivo Municipal
  • Rubén Arroxo e Cristina López presentan o calendario do 2026 elaborado polo Arquivo Municipal

Noticias relacionadas