As casetas 1 e 2 contaron con dúas ofertas, mentres que á número 3 só se presentou unha empresa
Maite Ferreiro: "seguimos avanzando na volta da gran festa do outono galego, onde se poderá desfrutar do mellor polbo na zona das casetas entre o 26 de setembro e o 2 de novembro"

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, deu conta dos avances realizados na xornada de hoxe no procedemento de adxudicación das casetas e dos caldeiros do polbo. A Mesa de Contratación reuniuse esta mañá para avaliar as 5 ofertas presentadas. Maite Ferreiro afirmou que "seguimos traballando na volta da gran festa do outono galego, cun dos espazos máis destacados do San Froilán, as casetas do polbo que estarán abertas entre o 26 de setembro e o 2 de novembro.
A caseta e o caldeiro número 1 recibiu dúas ofertas dsitintas, presentadas por Aurora do Carballiño, valorada en 18.000€ e 12.000€ (caseta e caldeiro, respectivamente) e por José Pazo Baranda cunha oferta de 12.000€ e 7.500€. A caseta número 2 recibiu as ofertas de Xuncos S.A. pro 10.707€ e 6.740€ e da polbería Nadela, por 9.001 e 5.701. Por último, a caseta número 3 só recibiu unha oferta, presentada pola empresa Octopus Galician Chef, cun valor de 9.118,97€ á caseta e 6.018,83€ ao caldeiro.
A Mesa de Contratación elevará unha proposta á Xunta de Goberno para avanzar co procedemento, que a aprobará nas vindeiras semanas adxudicando cada caseta e caldeiro á oferta de maior valor, agás que algún dos adxudicatarios renuncie.
Os prezos das casetas, tal e como figuran no prego e foron aprobados pola Comisión de Festas, marcan a ración de polbo de 250 gramos a 15€, a ración de 200g de pan ou de cachelos a 1.50€, e a botella de 3/4 de litro de viño a 6€.
Audio
- Maite Ferreiro, sobre a adxudicación das casetas do polbo | Descargar mp3

