A planta baixa da praza de Abastos acolle do 9 ao 11 a feira Diversiarte, coa participación de vinte asociacións de Lugo

Ademais de coñecer o labor que fan estes colectivos a prol da integración, o programa contará con obradoiros, concertos, xincanas, chocolatadas familiares e contacontos.

A edil de Cohesión Social, Olga López Racamonde, recomenda “achegarse a esta feira para informarse de primeira man do traballo que realizan estas asociacións polos dereitos das persoas con discapacidade”.

A inauguración será mañá martes, ás 19.00 horas, co concerto de Adrián Vigo e David Taboada. O mércores e xoves abrirá de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas. 

Luns, 08 de decembro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A planta baixa da praza de Abastos acolle do 9 ao 11 a feira Diversiarte, coa participación de vinte asociacións de Lugo

O Concello de Lugo, a través da Concellería de Cohesión Social, que dirixe Olga López Racamonde, porá en marcha un ano máis a feira Diversiarte, coa participación e a implicación dunha vintena de asociacións de Lugo que traballan a prol da integración das persoas con discapacidade.  A feira celebrarase do 9 ao 11 deste mes, na planta baixa da praza de Abastos, e inclúe no seu programa varias actividades paralelas como obradoiros, actuacións musicais, xincanas, chocolatada familiar e contacontos. Olga López Racamonde recomenda “achegarse a esta feira para coñecer de primeira man o labor que realizan estes colectivos pola diversidade e polos dereitos das persoas con discapacidade, ao tempo que se pode participar en moitas das actividades que prepararon para desenvolver ao longos destas tres xornadas”.

A edil de Cohesión Social agarda que “esta décimo novena edición sexa todo un éxito. A feira Diversiarte é xa un dos principais reclamos do Nadal lucense pola cantidade de actividades que organizan estes colectivos, pero tamén polo esforzo e a implicación de todos eles por trasladarnos a súa realidade diaria, concienciar e sensibilizar a toda a sociedade dos dereitos das persoas con capacidades diferentes, en favor da súa inclusión”.

Este ano, despois dunha decisión colectiva, se decidiu trasladar a feira Diversiarte á planta baixa da Praza de Abastos, un lugar cuberto, accesible e con capacidade para acoller a todas as asociación e colectivos interesados en participar, ademais de suficientemente amplo para celebrar as distintas actividades que conforman o programa. 

As asociacións que participan en este evento son: Dano Cerebral Lugo, Aspalu, Cogami, Alume, Fademga, Auxilia Lugo, Asfega, Alucem, Aspace Lugo, AECC en Lugo, Alufi, San Vicente de Paúl, Aspnais, Afalu, Alcer Lugo, Capaces Lugo, Raiolas, Down Lugo, Once y Asorlu. Ademais de contar cun stand no que darán a coñecer o traballo e os obxectivos que moven a cada unha das agrupacións, os principais protagonistas desta feira prepararon un extenso programa de actos, que arrancará coa inauguración do Diversiarte, mañá martes, ás 19.00 horas, e a actuación musical de Adrián Vigo e David Taboada.

O mércores, a partir das 11.00 da mañá haberás dúas xincanas da accesibilidade con Auxilia e Once, e as actividades da mañá rematarán cun obradoiro de chapas de Alucem. Pola tarde haberá varias actividades para persoalizar bolas de nadal, a cargo de Raiolas; cestería, con Aspalu; obradoiro de de chapas, con Down Lugo, e de elaboración de xabóns, organizado por San Vicente de Paul.

O xoves, a xornada comezará cunha nova xincana, obradoiro de cerámica, a cargo de Aspnais, e cunha actividades sobre valoración cognitiva, organizada por Afalu. Xa pola tarde, haberá torneo de boccia, a cargo de varios colectivos; unha nova actividade para decorar bolas de Nadal, dirixida por Raiolas; chocolatada familiar organizada polo Concello de Lugo, e un obradoiro de relaxación a cargo de Alume. A feira se clausurará ás 19.30 horas coa actuación do Orfeón Lucense. 

Máis info

Multimedia

  • A planta baixa da praza de Abastos acolle do 9 ao 11 a feira Diversiarte, coa participación de vinte asociacións de Lugo

Noticias relacionadas