Paula Alvarellos reúnese co presidente dos enxeñeiros de telecomunicación galegos para falar de retos e da mellora da conectividade no rural

A alcaldesa mantivo un encontro con José Manuel Martínez (presidente do COETTGA), no que tamén trataron de próximos actos colexiais e das metas do colectivo, como a eliminación da fenda dixital.

A rexedora municipal insistiu no importante papel que xogan estes profesionais para garantir as comunicacións e así xerar novas oportunidades económicas e sociais no rural.

Martes, 12 de novembro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Paula Alvarellos reúnese co presidente dos enxeñeiros de telecomunicación galegos para falar de retos e da mellora da conectividade no rural

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, mantivo hoxe unha reunión institucional co presidente do Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia, COETTGA, José Manuel Martínez, na que abordaron a celebración das próximas actividades do colectivo na cidade de Lugo como os retos aos que se enfrontan estes profesionais para acadar a mellora da conectividade nos núcleos rurais galegos. A rexedora municipal sinalou que “o traballo destes profesionais é clave para garantir as comunicacións e desta forma xerar novas oportunidades económicas e sociais no rural”.

Paula Alvarellos tamén se interesou pola marcha deste órgano colexial, constituído no 2004, e polas actividades que desenvolverán nas vindeiras datas, así como polos retos de futuro que moven a este colectivo, entre os que se atopan estender a cobertura móbil e a banda ancha, como vías para a erradicación da fenda dixital, ao tempo que se avanza na implantación da fibra óptica, o 5G, a conexión por satélite e o internet das cousas. Paula Alvarellos sinalou que “o obxectivo de garantir a conectividade nos núcleos rurais tamén é prioritario para este Goberno local; no caso do municipio se están a dar importantes avances cos que mellorar a cobertura da telefonía móbil”.

Noticias relacionadas