A Corporación Local se suma á condena dun novo crime machista, que eleva a 11 os asasinatos de mulleres no que vai de ano

Ante a Subdelegación de Goberno gardouse un minuto de silencio en sinal de repulsa polo crime de Dolores, de 58, en Miranda de Ebro. A súa ex parella provocou o incendio do edificio da vítima, o que tamén provocou a morte da súa nai e dunha veciña.

Venres, 13 de marzo de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Corporación Local se suma á condena dun novo crime machista, que eleva a 11 os asasinatos de mulleres no que vai de ano

Representantes da Corporación Local gardaron un minuto de silencio en sinal de condena e repulsa polo crime machista de Dolores, unha muller de 58 anos, en Mirando de Ebro (Burgos), a mans da súa ex parella. Esta nova vítima é a décimo primeira morte por violencia de xénero neste 2026, e a 1.354 asasinada desde 2003, ano no que comezou a elaborarse este rexistro.

Ante a Subdelegación do Goberno gardouse un minuto de silencio para lembrar a Dolores, asasinada o pasado 10 de marzo, despois de que a súa ex parella, incendiase o edificio no que vivía, un acto que finalmente supuxo tamén a morte da nai de Dolores e dunha veciña.

Pese a tratarse dun triple feminicidio, solo Dolores figurará nas estadísticas oficiais de mortes por violencia de xénero, na que solo recóllense os asasinatos de mulleres a mans das súas parellas ou ex parellas. A ex parella de Dolores, de 60 anos, non foi denunciado pola vítima, pero ten multitude de antecedentes por violencia machista e abuso sexual, polos que foi condenado.

Noticias relacionadas