- Tema
O Concello reforzará este ano o servizo do Punto Violeta, que amplía en unha hora o seu horario e duplica os recursos destinados á atención durante as principais xornadas das festas.
O servizo contará cun punto fixo na Praza Fernando de Casa Novoa, ao fondo da Praza Maior, atendido permanentemente por un mínimo de dous profesionais especializados, incluíndo persoal de psicoloxía e traballo social, para ofrecer información e atención ás posibles vítimas de agresións sexistas, garantindo a súa intimidade, protección e confidencialidade.
O dispositivo contará tamén cun equipo itinerante, debidamente identificado, que, como xa se fixo no Arde Lucus, se desprazará polos diferentes espazos onde se desenvolvan as festas e polas zonas de ocio nocturno, facilitando que este recurso estea máis próximo ás persoas que poidan necesitalo.
O Punto Violeta estará operativo os días 4, 9, 10 e 11 de outubro, en horario de 21:00 a 04:00 horas e o día 5 de outubro de 21.00 a 3.00 horas.

