Ante a Subdelegación de Goberno gardouse un minuto de silencio en sinal de repulsa polos crimes e en lembranza das vítimas mortais, que se elevan a dez no que vai de ano.

Representantes da Corporación Local gardaron un minuto de silencio en sinal de condena e repulsa por cinco novos casos de violencia de xénero, os asasinatos de tres mulleres e de dous menores, de 10 e 12 anos, en sendos crimes por violencia vicaria, a mans dos seus pais. Tras estes crimes, as vítimas mortais no que vai de ano elévanse a dez.
Durante a concentración ante a Subdelegación do Goberno lembrouse a María José, de 48 anos, e a súa filla, Noemí Antonia, de 12, asasinadas en Castellón; a Petronila, de 36 anos en Madrid; a Tatiana, de 28 anos e asasinada en Navarra; e a Yaret, de 10 anos, morto a mans do seu pai en Tenerife. Con estas dez novas mortes no que vai de ano, o número de crimes por violencia machista, desde que comezaron a elaborarse os listados oficiais, en 2003, é de 1.353 mulleres asasinadas.


