Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Corporación Local se suma á condena de cinco novos asasinatos machistas, dous deles de menores por violencia vicaria

A Corporación Local se suma á condena de cinco novos asasinatos machistas, dous deles de menores por violencia vicaria

Ante a Subdelegación de Goberno gardouse un minuto de silencio en sinal de repulsa polos crimes e en lembranza das vítimas mortais, que se elevan a dez no que vai de ano.

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Axenda institucional,
    • Benestar social,
    • Igualdade,
    • Violencia de xénero
Mércores, 25 de febreiro de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Corporación Local se suma á condena de cinco novos asasinatos machistas, dous deles de menores por violencia vicaria

Representantes da Corporación Local gardaron un minuto de silencio en sinal de condena e repulsa por cinco novos casos de violencia de xénero, os asasinatos de tres mulleres e de dous menores, de 10 e 12 anos, en sendos crimes por violencia vicaria, a mans dos seus pais. Tras estes crimes, as vítimas mortais no que vai de ano elévanse a dez.

Durante a concentración ante a Subdelegación do Goberno lembrouse a María José, de 48 anos, e a súa filla, Noemí Antonia, de 12, asasinadas en Castellón; a Petronila, de 36 anos en Madrid; a Tatiana, de 28 anos e asasinada en Navarra; e a Yaret, de 10 anos, morto a mans do seu pai en Tenerife. Con estas dez novas mortes no que vai de ano, o número de crimes por violencia machista, desde que comezaron a elaborarse os listados oficiais, en 2003, é de 1.353 mulleres asasinadas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/corporacion-local-se-suma-condena-de-cinco-novos-asasinatos-machistas-dous-deles-de-menores