A área de Muller abre o prazo de solicitude para os cursos dirixidos ás e aos traballadores de empresas para que saiban o protocolo a seguir fronte a agresións sexistas.
Ángeles Novo explica que “daranse pautas para identificar este tipo de comportamentos e coñecer como actuar para unha atención segura, respectuosa e sen revictimización”.
A edil desta área explica que “o principal obxectivo é que no municipio non se produzan agresións machistas, nin sequera as máis sutís e normalizadas na nosa sociedade”.

A área de Muller e Igualdade do Concello de Lugo da un paso máis no seu compromiso contra a violencia machista e favorecerá a creación de puntos seguros en grandes áreas comerciais, para o que se impartiran cursos de formación en igualdade ao persoal das empresas e establecementos que o soliciten. O obxectivo, segundo explica a concelleira de Muller e Igualdade do Concello de Lugo, Ángeles Novo, “é garantir que as e os traballadores de empresas e establecementos comerciais teñan os coñecementos necesarios para identificar e saber como hai que actuar fronte ás agresións sexistas”.
Neste sentido, Ángeles Novo, sinala que “daranse pautas para sinalar este tipo de comportamentos e coñecer os protocolos de actuación co fin de garantir unha atención segura, respectuosa e sen revictimización da muller”. A responsable de Igualdade comenta que noutros concellos de Galicia xa se levaron a cabo iniciativas similares, que están a ter resposta e a dar bos resultados. “Ao final, o que buscamos é que no municipio non se produzan agresións machistas, nin sequera as máis sutís e normalizadas na nosa sociedade”.
“Queremos facer partícipe a toda a sociedade da importancia de frear este tipo de agresións. Cremos que así damos un paso máis, neste caso nas empresas e grandes áreas comerciais, á hora de involucrarse na prevención do acoso e da violencia machista”, comenta Ángeles Novo.
Neste primeiro curso, prestarse formación a 15 persoas, ao longo de catro horas, de 10.00 a 14.00, nos vindeiros días 18 e 19 de febreiro. As inscricións poderán realizarse a través do correo electrónico igualdade@lugo.gal, e as prazas ofertadas se irán completando por orden de recepción. A formación consistirá, polo tanto, en coñecer o funcionamento do denominado Punto Seguro e as pautas básicas de actuación e acompañamento ante situacións de violencia machista e sexual.
Previamente, sinala a concelleira de Muller e Igualdade, “haberá unha introducción na que se tratará sobre a identificación da violencia de xénero e as súas distintas manifestacións, explicando a denominada escaleira da violencia. Tamén romperemos mitos sobre a violencia sexual e se dará importancia á metodoloxía práctica, con dinámicas de grupo e exercicios prácticos para aplicar todos estes contidos”.
O curso de formación, que se impartirá nas instalacións do CEI-Nodus, tamén prevé unha participación activa do alumnado, a través do fomento do debate, da reflexión e do análise crítico de situacións reais. O obxectivo, sinala Ángeles Novo, “é non só ofrecer unha aprendizaxe a este persoal senón garantir que logo poidan aplicalo ante este tipo de situacións, ensinando habilidades para a actuación e o acompañamento, reforzando a comprensión e a experiencia práctica”.
Audio
- A concelleira de Muller e Igualdade do Concello de Lugo, Ángeles Novo, sobre os puntos seguros | Descargar mp3

