O Concello de Lugo obtén o apoio do INEGA e a Unión Europea na instalación da caldeira de biomasa do Edificio Impulso Verde

Venres, 04 de xuño de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo presentou o proxecto de instalación da caldeira de biomasa do edificio Impulso Verde do LIFE Lugo+Biodinámico á Convocatoria de Subvencións do Instituto Enerxético de Galicia a proxectos de Enerxías Renovables Térmicas (anos 2020-2021).

O proxecto foi seleccionado como beneficiario da convocatoria, polo que o Concello de Lugo logrou a subvención para a instalación da caldeira de biomasa do edificio Impulso Verde. Deste modo cofinancia a inversión nun 80%, co apoio do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) da Xunta de Galicia, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Esta axuda ten como obxectivo favorecer a transición a unha economía Baixa en carbono en todos os sectores, incrementando da participación das enerxías renovables para usos térmicos, entre estas o uso da biomasa.

O proxecto LIFE Lugo+Biodinámico, cofinanciado polo programa LIFE a través da Unión Europea promove este obxectivo, a través do deseño do Edificio Impulso Verde, pero tamén a través da posta en práctica de cultivos enerxéticos en contornas urbanas, coa plantación de 1 hectárea destes cultivos na zona das Gándaras, que forma parte do bosque urbanos implantado no Norte da cidade, e que completa así o cinto verde. Fomenta así o emprego de fontes de enerxías renovables. Ademais, de promover o uso da madeira de proximidade para a construción baixo enerxética e potenciar a bioeconomía local, sempre empregando recursos madeireiros de xestión forestal sostible.

Noticias relacionadas