Lara Méndez enxalza o papel dos enfermeiros e enfermeiras na atención á saúde mental da poboación “fundamental para ter unha vida plena”

A rexedora inaugurou a terceira edición da Xornada Galega de Enfermería de Saúde Mental, que se celebra ao longo do día de hoxe no salón de actos do HULA.

 
Martes, 07 de xuño de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez enxalza o papel dos enfermeiros e enfermeiras na atención á saúde mental da poboación “fundamental para ter unha vida plena”

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este martes na inauguración da III Xornada Galega de Enfermería de Saúde Mental, organizada pola AEESME, no salón de actos do Hospital Universatario Lucus Augusti, baixo o título “Promocionando a saúde mental: un enfoque preventivo”. Na apertura do evento tamén participaron o conselleiro de Sanidade, Julio García; o presidente da Asociación Española de Enfermería de Saúde Mental, Francisco Megías, o director xerente do HULA, Ramón Ares; a presidenta do Colexio Oficial de Enfermería de Lugo, Lourdes Bermello; e a directora da Escola de Enfermería, Pilar Pinela.

Lara Méndez, quen agradeceu á AEESME que tiveran elexido a cidade de Lugo para celebrar esta cita, destacou que “a saúde mental é fundamental para que unha persoa poida ter unha vida plena; neste senso, a pandemia puxo de manifesto a necesidade de mellorar as nosas capacidades de atención neste ámbito, con especial foco nos colectivos máis vulnerables”. Así, a rexedora, puxo en valor “o traballo que levan a cabo os enfermeiros e enfermeiras coas persoas con problemas de saúde mental e as súas familias, para mellorar a súa calidade de vida”.

Ao longo da xornada celebraranse diferentes ponencias, debates e mesas redondas, así como un taller de música e emocións. Participarán especialistas chegados de diferentes puntos de Galicia como: Santiago de Compostela, Vigo ou Ferrol; así como da capital española.

Multimedia

  • Lara Méndez enxalza o papel dos enfermeiros e enfermeiras na atención á saúde mental da poboación “fundamental para ter unha vida plena”
  • Lara Méndez enxalza o papel dos enfermeiros e enfermeiras na atención á saúde mental da poboación “fundamental para ter unha vida plena”

Noticias relacionadas