O Concello colabora nesta carreira solidaria a prol de Afalu, que terá lugar o vindeiro venres día 19, e que tamén contará coa asistencia de Protección Civil no percorrido.

Uns vinte axentes da Policía Local de Lugo farán o percorrido do camiño, entre Lugo e Santiago, para dar visibilidade á enfermidade do alzheimer. A carreira solidaria, que terá lugar este venres, día 19, foi organizada desde a propio corpo policial e a Asociación de Familiares e Enfermos de Alzheimer, Afalu, coa colaboración do Concello de Lugo, a través da área de Alcaldía e da concellería de Deportes e Xuventude. O edil Jorge Bustos asistiu á presentación desta percorrido e destacou “a implicación da Policía Local neste evento e o compromiso cunha causa solidaria, que permitirá dar máis visibilidade ao traballo de Afalu, axudando tanto ás e aos afectados polo alzheimer, así como aos familiares de persoas con esta enfermidade ou con outras demencias neurodexenerativas”.
A carreira solidaria, co lema “Zancadas contra o esquecemento”, se fará en parellas e sairá ás 07.30 horas desde a catedral de Lugo coa chegada prevista á praza do Obradoiro a partir das 18.00 horas. Todas as persoas interesadas en colaborar con esta causa poderán facelo a través do dorsal solidario. Ademais dos dous vehículos de Afalu e da Policía Local, a proba contará coa asistencia de Protección Civil, encargada do avituallamento dos participantes na carreira.

