Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Preto de 20 axentes da Policía Local farán o camiño entre Lugo e Santiago para dar visibilidade á enfermidade do alzheimer

Preto de 20 axentes da Policía Local farán o camiño entre Lugo e Santiago para dar visibilidade á enfermidade do alzheimer

O Concello colabora nesta carreira solidaria a prol de Afalu, que terá lugar o vindeiro venres día 19, e que tamén contará coa asistencia de Protección Civil no percorrido.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Desenvolvemento social,
    • Igualdade,
    • Accesibilidade,
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade,
    • Sanidade
Luns, 15 de decembro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Preto de 20 axentes da Policía Local farán o camiño entre Lugo e Santiago para dar visibilidade á enfermidade do alzheimer

Uns vinte axentes da Policía Local de Lugo farán o percorrido do camiño, entre Lugo e Santiago, para dar visibilidade á enfermidade do alzheimer. A carreira solidaria, que terá lugar este venres, día 19, foi organizada desde a propio corpo policial e a Asociación de Familiares e Enfermos de Alzheimer, Afalu, coa colaboración do Concello de Lugo, a través da área de Alcaldía e da concellería de Deportes e Xuventude. O edil Jorge Bustos asistiu á presentación desta percorrido e destacou “a implicación da Policía Local neste evento e o compromiso cunha causa solidaria, que permitirá dar máis visibilidade ao traballo de Afalu, axudando tanto ás e aos afectados polo alzheimer, así como aos familiares de persoas con esta enfermidade ou con outras demencias neurodexenerativas”.

A carreira solidaria, co lema “Zancadas contra o esquecemento”, se fará en parellas e sairá ás 07.30 horas desde a catedral de Lugo coa chegada prevista á praza do Obradoiro a partir das 18.00 horas. Todas as persoas interesadas en colaborar con esta causa poderán facelo a través do dorsal solidario. Ademais dos dous vehículos de Afalu e da Policía Local, a proba contará coa asistencia de Protección Civil, encargada do avituallamento dos participantes na carreira.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/preto-de-20-axentes-da-policia-local-faran-o-camino-entre-lugo-e-santiago-para-dar