Miguel Fernández salienta o labor de Raiolas no seu 25º aniversario durante unha recepción á nova directiva da entidade

A asociación presta apoio directo a preto de 90 persoas con TEA a través do programa de intervención en contextos naturais, que tamén acompaña a 170 familias.

“O traballo de Raiolas é esencial para construírmos unha cidade máis inclusiva, onde as persoas con TEA poidan desenvolver as súas capacidades con apoio e respecto”, sinalou o rexedor.

Xoves, 24 de xullo de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Miguel Fernández salienta o labor de Raiolas no seu 25º aniversario durante unha recepción á nova directiva da entidade

Miguel Fernández recibiu na Casa do Concello a varios representantes da nova xunta directiva da Asociación Raiolas Lugo, entre eles a tesoureira, Ana María Castelao Gegunde; o secretario, Benigno Ruiz Nogueiras; a 2ª vogal, Eva Pérez Grijalvo; e a 3ª vogal, Margarita Rodríguez Peinó.

Durante a xuntanza abordaron as principais liñas de actuación da entidade, entre elas o programa de intervención en contextos naturais, co que Raiolas ofrece atención terapéutica nos fogares e asesoramento familiar para mellorar a comunicación, o benestar emocional e a autonomía persoal das persoas con TEA.

O alcalde agradeceu a traxectoria da entidade ao longo de 25 anos e puxo en valor o seu papel como referencia en Lugo na atención a nenos, nenas e adolescentes con TEA, así como o seu compromiso cun modelo de cidade máis xusta e inclusiva.

Noticias relacionadas