O catedrático de Medicina Legal, investigador e experto internacional en xenética achegará a súa especialidade de forma divulgativa nunha charla programada para as 12 horas no salón de actos do Museo Interactivo da Historia.
Posteriormente celebrarase unha comida de convivencia á que poderán acudir os maiores de 65 que ten por obxectivo compartir, conversar e estreitar lazos entre a veciñanza.
“O obxectivo desta programación é xerar un espazo de convivencia no que ademais moitos veciños e veciñas poderán adquirir coñecementos aplicables rutina e poñer luz sobre os cambios que carrexa a etapa vital na que se atopan”, sinalou López Racamonde.

A área de Cohesión Social que dirixe Olga López Racamonde celebra o Día do Maior cunha conferencia de Anxo Carracedo e unha xornada de convivencia no MIHL. O catedrático de Medicina Legal, investigador e experto internacional en xenética achegará a súa especialidade de forma divulgativa nunha charla programada para as 12 horas do próximo mércores 1 de outubros no salón de actos do Museo Interactivo da Historia dirixida a público en idade dourada.
No seu labor como investigador Carracedo cultivou, ademais da xenética forense e de poboacións, a xenética clínica, xenética do cancro e a xenética das enfermidades comúns principalmente neuropsiquiátricas, o que o levou a conseguir para Galicia a sede máis importante do Centro Nacional de Xenotipado, un centro de investigación con tres nodos financiado por "Xenoma España", fundación dependente dos Ministerio de Sanidade e Industria para a investigación en enfermidades complexas e farmacoxenética.
De forma complementaria a esta interesante charla, celebrarase posteriormente unha comida de convivencia nas propias instalacións do Museo á que poderán acudir os maiores de 65 que ten por obxectivo compartir, conversar e estreitar lazos entre a veciñanza.
“O obxectivo desta programación é xerar un espazo de convivencia no que ademais moitos veciños e veciñas poderán adquirir coñecementos aplicables ao seu día a día e coñecer máis sobre os cambios que carrexa a etapa vital na que se atopan”, sinalou López Racamonde, que animou a todas as persoas maiores de 65 a acudir a este evento no que se une a divulgación cunha xornada lúdica de reencontro e socialización.
Audio
- Olga López Racamonde, sobre o Día do Maior | Descargar mp3

