O xurado estivo formado por José Manuel Núñez Blázquez, Fernando Rodríguez Fernández e Raquel de Ana Rodríguez.
33 participantes deron forma á actividade celebrada esta tarde.

Un ano máis polo martes de Entroido celebrouse o tradicional concurso de disfraces de adultos organizado pola Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua. As e os concursantes despregaron a súas dotes imaxinativas con vistosas creacións nun desfile seguido por numerosas veciñas e veciños.
A festa non faltou durante un desfile moi animado con celebradas coreografías nas que os participantes fixeron gala de gran imaxinación con elaborados traballos. Durante a deliberación do xurado, formado por José Manuel Núñez Blázquez (artista multidisciplinar, director de Ágora Cultural), Fernando Rodríguez Fernández (participante en numerosas edicións do concurso de entroido) e Raquel de Ana Rodríguez (profesora representante da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón), a veciñanza presente puido desfrutar da animación de Carta de Ajuste
O concurso comezou coa categoría de disfraces individuais na que se inscribiron 13 persoas. Nesta categoría repartíronse os seguintes premios:
- 1º premio (500€): Reciclator
- 2º premio (300€): Fábrica de Chocolate
- 3º premio (200€): O capitán pateiro librouse do caldeiro
- Accésit (50€): Torre Eiffel
- Accésit (50€): Salta Pequeño Canguro
- Accésit (50€): Busco a otro mundo
Na categoría de disfraces por parellas, que contou con 12 participantes, repartíronse os seguintes premios:
- 1º premio (600€): Vento en Popa a toda Vela
- 2º premio (400€): África con aromas de café
- 3º premio (300€): Colorín colorado, Tiana e o sapo cos ovos acabaron
- Accésit (100€): Los Guardianes del Bosque
- Accésit (100€): Vivir como Dios manda
- Accésit (100€): Fregonas Rabudas
- Accésit (100€): Do Lixo ao Luxo
- Accésit (100€): O Ourizo do Souto Sagrado
O desfile rematou co paseo das comparsas. Ducias adultos e nenos e nenas participaron nesta categoría que resultou por momentos moi espectacular debido aos elaborados e orixinais traxes deseñados, así como polas animadas coreografías. Os premios repartíronse do seguinte xeito:
- 1º premio (1.100€): Os edro de jarana na sabana
- 2º premio (800€): Cuerda para rato
- 3º premio (600€): Funko Fest
- Accésit (200€): Oficios Antigos
- Accésit (200€): Mario Party
- Accésit (200€): Retratando Vidas
- Accésit (200€): Ata o infinito e máis alá
- Accésit (200€): De que vamos
Listaxe de participantes concurso de disfraces 2026
Categoría individual
- 1.- La fábrica de chocolate
- 2.- O capitán pateiro librouse do caldeiro
- 3.- O koala bailarín
- 4.- Busco a otro mundo
- 5.- Salta salta pequeño canguro
- 6.- El búho parlanchín
- 7.- Salva as abellas. Sementa máis flores
- 8.- Recicleitor
- 9.- Scrab Baby
- 10.- Capitán Pulpo
- 11.- Alice
- 12.- Menudo Cocido
- 13.- Torre Eiffel
Categoría parellas
- 1.- Los guardianes del bosque
- 2.- Vivir como Dios manda
- 3.- Fregonas rabudas
- 4.- Vento en popa a toda vela
- 5.- Do lixo ao luxo: As catro estacións revolotean
- 6.- O ourizo do souto sagrado
- 7.- Carnaval a ritmo de acordeón
- 8.- Bioshock
- 9.- África con aromas de café
- 10.- Colorín colorado, Tiana e o sapo cos ovos acabaron
- 11.- Fantasía de arlequín
- 12.- O amor está en Galiza
Categoría comparsa
- 1.- Oficios antigos, 11 persoas
- 2.- Mario Party, 4 persoas
- 3.- Retratando vidas, 7 persoas
- 4.- Ata o infinito e máis alá, 18 persoas
- 5.- Funko fest, 14 persoas
- 6.- Cuerda pa rato, 13 persoas
- 7.- Os edro de jarana na sabana, 15 persoas
- 8.- De que vamos, 6 persoas



