Rubén Arroxo reúnese coa nova directiva da asociación Dano Cerebral Lugo

O Tenente de Alcalde mantivo un encontro "para seguir a traballar da man co tecido asociativo local".

Arroxo: "Mantemos un contacto permanente coas asociacións para detectar necesidades con rapidez e ofrecer respostas eficaces".

Xoves, 26 de febreiro de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Rubén Arroxo reúnese coa nova directiva da asociación Dano Cerebral Lugo

O Tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, mantivo un encontro coa nova directiva da asociación Dano Cerebral Lugo co obxectivo de "seguir mantendo o contacto co tecido asociativo de Lugo e coñecer de primeira man as necesidades que teñan", explicou o Tenente de Alcalde, que destacou a importancia desta asociación "que contribúe a mellorar a saúde das persoas afectadas polo dano cerebral".

Arroxo escoitou as peticións desta asociación "o que nos permitirá seguir a mellorar a cidade", e lembrou que Lugo foi marco dunha iniciativa proposta polo Colexio de Arquitéctos Técnicos "que nos colocou como unha das cidades galegas cos edificios municipais máis accesibles, unha cuestión moi importante para as persoas con Dano Cerebral Adquirido dado que en moitas ocasións estas lesións producen problemas de mobilidade".

O Consello Galego de Accesibilidade realizou en Lugo a primeira experiencia grazas á colaboración da Tenencia de Alcaldía, que facilitou que o persoal dos Colexios auditar atodas as instalacións municipais desde o punto de vista da accesibilidade. Cos datos obtidos, crearon un sistema de catalogación por etiquetas, comezando coa etiqueta branca, que permite a accesibilidade universal completa, e que malia que ningún edificio obtivo, preséntanse pequenas modificacións que permitirían avanzar á cualificación máis complicada de todas.

No seguinte chanzo atópase a etiqueta verde, cualificación que obtiveron o auditorio Fuxan os Ventos e a Piscina Municipal de Frigsa. Estes edificios cumpren cos requisitos esenciais de accesibilidade, permitindo un uso maioritariamente autónomo por parte das persoas usuarias. Estes edificios contan con acceso principal accesible, itinerarios interiores con tránsito sinxelo, ramplan con criterios normativos, ascensores e asesos practicables e aparcadoiros reservados para persoas con mobilidade reducida.

No terceiro lugar atópase a etiqueta amarela, edificios onde faltan elementos como ramplas, ascensores, aseos accesiblesw ou prazas reservadas. Son espazos que permiten o uso parcial con certas limitacións, sendo necesaria a asistencia en determinados puntos. O propio estudo fai propostas para mellorar estes edificios. Recibiron esta catalogación o Centro de Servizos Municipais, o Vello Cárcere, a Casa do Concello, o Museo Provincial, a Praza de Abastos, o centro social Uxío Novoneyra, o Auditorio Gustavo Freire, o Centro Social A Milagrosa, o Centro de Convivencia de Fingoi, a Casa das Linguas María Balteira, o Centro de Dinamización Social Lamas de Prado, a Casa da Xunventude e a Piscina Municipal das Pedreiras.

Por último, a etiqueta vermella agrupa os espazos que non cubren os requerimentos mínimos de accesibilidade en cuestións como o acceso principal os itinerarios interiores. Nesta catalogación están a Oficina Municipal de Turismo, a Casa dos Mosaicos, Porta Miñá, o Centro Arqueolóxico de San Roque, o Cemiterio Municipal e os centros de convivencia Maruja Mallo e Sagrado Corazón.

 

Multimedia

  • Rubén Arroxo reúnese coa nova directiva da asociación Dano Cerebral Lugo

Noticias relacionadas