Lugo lembra a Rosalía no 189 aniversario do seu nacemento

A área de Cultura en colaboración coa AELG organizan unha lectura aberta de textos de Rosalía o vindeiro luns a partir das 13:30.

Maite Ferreiro destacou a figura "moderna, poderosa e valente" de Rosalía, que a converten "nunha das mellores figuras que nos definen como pobo".

Luns, 23 de febreiro de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo lembra a Rosalía no 189 aniversario do seu nacemento

A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega realizaron hoxe un acto con motivo do Día de Rosalía, celebrando o 189 aniversario do nacemento da poeta. A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, destacou a figura "moderna, poderosa e valente" de Rosalía, e afirmou que isto converte á poeta "nunha das mellores figuras que nos definen como pobo".

"Rosalía foi pioneira na defensa da nosa lingua, pioneira na defensa dos dereitos e pioneira na defensa dos dereitos das mulleres e por iso é preciso lembrar a esa Rosalía feminista, inconformista, e rebelde que rompeu moldes e que hoxe sigue sendo un referente", afirmou a concelleira de Cultura.

O contou cunha lectura pública de poemas de Rosalía e coa lectura do manifesto da AELG polo Día de Rosalía, e participaron diversos estudantes de centros de ensino da cidade.

Día de Rosalía

O Día de Rosalía celébrase o 23 de febreiro, despois de que no 2023 a Fundación Rosalía de Castro propuxera mudar a data debido ao recente descubrimento da investigadora Sagrario Abelleira, que correxiu a data de nacemento da poeta.

O Día de Rosalía converteuse nos últimos anos nunha das datas máis importantes do calendario cultural galego. Comezou sendo unha data celebrada e reivindicada pola AELG para logo conseguir unha presenza destacada no mundo escolar. Posteriormente chegaría a súa extensión a outros sectores máis amplos da sociedade e, ao mesmo tempo, a confirmación institucional.

Programación Día de Rosalía 2025

As literatas para Rosalía de Castro

A área de Cultura organiza por terceiro ano consecutivo a xornada musical “As literatas para Rosalía de Castro”, que reunirá ao artista lugués Diego Flaneur e á banda  Carabela arredor da poesía de Rosalía.

Diego Flâneur presentará Nebra Pecha, coincidindo co aniversario do álbum, unha obra marcada pola súa vinculación con ecos de autores como Uxío Novoneyra ou Lois Pereiro. O grupo Carabela, considerado unha das grandes revelacións da nova música galega, pechará a xornada cun suxerente directo no que cada tema se converte nun espazo habitado, propoñendo unha experiencia íntima e sensorial.

Os concertos completaranse cunha colaboración inédita entre Diego Flâneur e Carabela, na que musicarán versos da propia Rosalía de Castro. As actuacións, gratuítas e con entrada libre até completar a capacidade do local, serán o luns 23, a partir das 20.00 horas, na Capela de Santa María, en Lugo.

Caraveis e láminas na Rede Museística

Durante toda a xornada e como xa vén sendo habitual,  os catro museos da Rede Museística Provincial – o Museo de Lugo, o Museo do Mar de San Cibrao, o Pazo de Tor e o Fortaleza de San Paio de Narla- agasallarán ás visitas un caravel e unha lámina conmemorativa do Día de Rosalía, unha creacion da deseñadora e ilustradora Rocío Fernández Paz inspirada no poema “Sin niño” da obra Follas Novas.

Murais homenaxe a Rosalía de Castro

O muralismo terá un ano máis  o seu lugar nesta programación cultural. Carlota Salgado, Noelia Aragundi e Sandra Lodi realizarán murais homenaxe á autora en distintos espazos públicos, atendendo ás peticións de  asociacións e centros escolares. En total, realizaranse oito intervencións artísticas, pensadas para visibilizar e socializar a figura de Rosalía como referente  cultural e feminista.

Rosalía. Proclamar ao mundo que Galiza existe

A área de Cultura tamén apoio a itinerancia pola provincia da exposición “Rosalía. Proclamar ao mundo que Galiza existe”, unha mostra con textos de Francisco Rodríguez e debuxos de Pepe Carreiro, que afonda no contexto histórico en que Rosalía de Castro desenvolveu a súa obra e a orientación e vixencia da súa produción literaria. A mostra permanece exposta no Auditorio Municipal de Vilalba ata o 27 de febreiro.

Audio

  • Marica Campo recitando un fragmento dun poema de Rosalía | Descargar mp3

Multimedia

  • Lugo lembra a Rosalía no 189 aniversario do seu nacemento
  • Lugo lembra a Rosalía no 189 aniversario do seu nacemento

Noticias relacionadas