Sete mulleres artistas protagonizan "Creativas", nova exposición do Vello Cárcere

O proxecto reivindica o papel das pintoras na Historia da Arte, a miúdo invisibilizadas polo traballo dos homes.

Maite Ferreiro inaugurou a exposición que poderá visitarse no Vello Cárcere.

Venres, 17 de abril de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Sete mulleres artistas protagonizan "Creativas", nova exposición do Vello Cárcere

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro inaugurou no Vello Cárcere a nova exposición que se une á programación da Tenencia de Alcaldía. Baixo o título "Creativas", as artistas Ana Rodríguez (Anama), Alejandra Aranzana, Carmen Prado, Concetta Montenegro, Isabel Rodríguez, Majo Penas e Luisa Paz amosan unha serie de obras que reivindican o papel das pintoras na Historia da Arte, a miúdo invisibilizadas polo traballo dos homes.

Maite Ferreiro convidou á veciñanza a visitar esta mostra, que se poderá ver no Vello Cárcere ata finais de maio.

As artistas definen o seu proxectom como un proxecto creativo formado por un grupo de mulleres cada unha co seu estilo e coa súa forma de crear, expoñer o que facemos é un xeito de vindicar ás pintoras na Historia da Arte, a miúdo invisibilizadas polo traballo dos homes. Coa nosa obra queremos convidar ás persoas visitantes a compartiren a nosa propia maneira de expresar, de sentir e de crear.

Multimedia

  • Sete mulleres artistas protagonizan "Creativas", nova exposición do Vello Cárcere
  • Sete mulleres artistas protagonizan "Creativas", nova exposición do Vello Cárcere
  • Sete mulleres artistas protagonizan "Creativas", nova exposición do Vello Cárcere

Noticias relacionadas