Un xurado de expertos selecciona a imaxe da vixésimo quinta edición do Arde Lvcvs, escollida entre case 80 deseños

A Casa da Xuventude acolleu esta mañá o fallo para elixir o cartel da festa, que inclúe referencias ao mundo castrexo e romano e que destaca pola súa composición gráfica.

O edil de Xuventude, Jorge Bustos, que asistiu á deliberación pero sen voz nin voto, cre que a ampla resposta de artistas “demostra a proxección internacional desta festa”.

O xurado eliminou varios deseños que non contiñan elementos representativos de ambos mundos, nunha deliberación que se prolongou durante máis de dous horas e media.

Martes, 14 de abril de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Un xurado de expertos selecciona a imaxe da vixésimo quinta edición do Arde Lvcvs, escollida entre case 80 deseños

O xurado do Premio Deseño Gráfico Arde Lvcvs 2026 elixiu esta mañá a cartel gañador para representar a imaxe desta festa, na súa vixésimo quinta edición, de entre preto de 80 traballos presentados. Foi despois de máis de dous horas de análise, nas que houbo que escoller as propostas máis destacadas polo seu deseño e composición gráfica, pola súa creatividade e orixinalidade. Despois houbo que comprobar que os carteis preseleccionados, uns seis , cumprían cos criterios establecidos nas bases e puntuar en base aos mesmos. Finalmente o escollido, o número 74 co título ‘Lux Ignis’, foi o que obtivo unha maior puntuación de acordo aos criterios obrigatorios do premio. Tal e como sinalan as bases este deseño representa con elementos exactos tanto o mundo castrexo como o romano; emprega unha tipoloxía adecuada coas datas da festa; contén a lenda Annvs Argentevs, que obrigan as bases do premio, en alusión ás vodas de prata do Arde Lvcvs; e utiliza os cores específicos, logotipos, ou a obrigatoria referencia á declaración do Arde Lvcvs como Festa de Interese Turístico Internacional.  

O xurado estivo formado por Patricia Cupeiro López, profesora de Historia da Arte na facultade de Humanidades, investigadora e especialista en Patrimonio Cultural e Turismo; polo arquitecto e profesor da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, Pablo Ferreiro-Mazón; e polo arqueólogo do Concello de Lugo, Enrique González. Todos eles salientaron a elevada participación de traballos presentados a este Premio Deseño Gráfico Arde Lvcvs 2026, se ben tamén chamaron a atención sobre o incumprimento das bases de moitos dos deseños, en particular no que atinxe á obrigatoriedade de incorporar elementos que encaixen e que sexan propios das culturas romana e castrexa. A deliberación se prolongou durante máis de dúas horas e media para elixir o deseño gañador, que conta cun premio económico dotado con 1.900 euros.   

O edil de Xuventude, Jorge Bustos, que estivo presente na deliberación aínda que sen voz nin voto, falou desta nova convocatoria do Premio de Deseño Gráfico Arde Lvcvs 2026 e destacou a alta participación neste concurso, que ao seu xuízo “demostra a proxección internacional que poden ter os artistas e creadores que gañan este premio, que será aínda maior que noutras edicións, precisamente polo especial deste ano, cando se cumpre o 25 aniversario da festa”.

Para o xurado o cartel escollido presenta unha composición gráfica, na que as imaxes, a cor e os elementos tipográficos conflúen nun deseño equilibrado e cunha moi boa estética, que ademais   reflicte o espírito da festa, facendo especial fincapé na reconstrucción histórica e na volta da cidade ás súas orixes, visualizando o mundo romano e o castrexo, empregando todo elo para unha proposta artística que comunica e cun moi bo impacto visual.

Multimedia

  • Un xurado de expertos selecciona a imaxe da vixésimo quinta edición do Arde Lvcvs, escollida entre case 80 deseños
  • Un xurado de expertos selecciona a imaxe da vixésimo quinta edición do Arde Lvcvs, escollida entre case 80 deseños
  • Un xurado de expertos selecciona a imaxe da vixésimo quinta edición do Arde Lvcvs, escollida entre case 80 deseños

Noticias relacionadas