O alcalde participou nas procesións do Santo Encontro e do Cristo Resucitado, que puxeron fin á Semana Santa de Lugo

Para Miguel Fernández esta celebración “demostrou un ano máis que é unha festa relixiosa que une xeracións de lucenses pero que tamén descubre aos visitantes a beleza e a autenticidade da nosa cidade”.

Domingo, 05 de abril de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O alcalde participou nas procesións do Santo Encontro e do Cristo Resucitado, que puxeron fin á Semana Santa de Lugo

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, xunto a outros concelleiros e concelleiras da Corporación Municipal participou esta mañá na procesión do Santo Encontro, na que tamén se honra á Virxe do Rosario, patroa do Concello de Lugo, en colaboración coa Xunta de Confrarías da Semana Santa de Lugo, previa á Solemne Misa Pontifical de Resurrección, celebrada polo Bispo da Diocese de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco, na Catedral.

Trala escenificación da Resurrección e do encontro coa Virxe María, comezou a procesión do Cristo Resucitado desde a Catedral cara ao Concello, coa participación da Confraría da Entrada Triunfal de Xesús en Xerusalén. Con estes actos púxose fin á Semana Santa de Lugo, que, segundo destacou o alcalde, Miguel Fernández, “demostrou un ano máis que é unha celebración relixiosa pero tamén un acontecemento social, que conecta a xeracións de lucenses, mentres que para os visitantes é a oportunidade de descubrir unha festividade cargada de simbolismo, autenticidade e beleza”.

Multimedia

  • O alcalde participou nas procesións do Santo Encontro e do Cristo Resucitado, que puxeron fin á Semana Santa de Lugo

Noticias relacionadas