A saúde bucodental na muller centra a conferencia do mércores organizada polo Concello coa colaboración da Fundación Clínica Dental Solidaria

A charla, incluída nas xornadas de Saúde Feminina da área de Muller e Igualdade, será o día 21, ás 18.00 horas, no centro de convivencia de Lamas de Prado.

Luns, 19 de maio de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A saúde bucodental na muller centra a conferencia do mércores organizada polo Concello coa colaboración da Fundación Clínica Dental Solidaria

A área de Muller e Igualdade do Concello de Lugo, que dirixe Ángeles Novo, sigue adiante co desenvolvemento da xornada de Saúde Feminina, un ciclo que o mércores, día 21, abordará a charla “A saúde bucodental na muller”. A asistencia a esta conferencia é gratuíta e correrá a cargo da Fundación Clínica Dental Solidaria de Lugo, pertencente ao Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos de Lugo. Dita conferencia terá lugar no centro de convivencia de Lamas de prado, a partir das 18.00 horas e a súa entrada é gratuíta e aberta ao público en xeral ata completar aforo.

O ciclo de Saúde Feminina reanudarase o vindeiro mes de xuño, coa derradeira charla prevista neste programa de conferencias, que aborda distintos temas de saúde relacionados coas mulleres en distintas etapas e períodos da vida. Así, para rematar dito ciclo abordarase unha última charla sobre o lipedema e a importancia do exercicio, prevista para o día 9, no Vello Cárcere.

Noticias relacionadas