Xoves, 18 de decembro de 2025
Fonte:
Gabinete de Prensa

O tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, acompañado da concelleira Maite Ferreiro e a deputada no Parlamento Galego, Montse Valcárcel, visitaron esta mañá a mesa informativa que a Asociación Lucense de Esclerose Múltiple (ALUCEM) instalou en distintos puntos da cidade de Lugo con motivo da celebración do Día da Esclerose Múltiple.
Arroxo amosou o seu apoio "ao labor fundamental que desenvolve ALUCEM, unha entidade que traballa para mellorar a calidade de vida das persoas con esclerose múltiple e das súas familias, un exemplo de compromiso social e solidariedade na nosa cidade".



