Iníciase o procedemento de licitación para 70 autorizacións de instalación de postos no Macellum durante o Arde Lucus

Mércores, 13 de marzo de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez, deu conta dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá dos que destacou a aprobación da da licenza de primeira utilización para os edificios con números 2, 4, 6 e 8 na Rúa Avenida Paula Fabio Máximo, que son vivendas oficiais do IGVS. Neste sentido, Luis Álvarez, manifestou que “estre goberno municipal nunca vai a poñer o mñais minimo obstaculo a calquera actuación doutras administracións e, máis, cando supón a pmellora das condicións de distintos cidadáns que teñan dereito a esas vivendas. Porque a prioridade son os cidadáns.” Para que por parte da Xunta se poida dar cimprimeinto do compromiso que adquirion de dar estas vivendas antes do 31 de marzo.

Tamén se tomou o acordo de iniciar o procedemento de licitación para a autorización de instalación de 70 postos de venda de mercadorías no Macellum do Arde Lucus para o 2013 e prorrogable ao 2014. O obxecto do procedemento é o outorgamento de autorizacións para a instalación dos postos de venda de mercadoría, na que non está permitida a elaboración de comida. As condicións que se terán en conta para a adxudicación, ademais de pagar a taxa por ocupación de vía pública que é de 0,88 metros cadrados por día, será o prezo que oferten os solicitantes das autorizacións.

O Concelleiro de Urbanismo tamén informou da aprobación do inicio dos trámites para proceder á resolución do contrato suscrito coa compañía de seguros médicos que remata o 31 de marzo de 2013 e conceder á empresa un trámite de audiencia por prazo de 10 días hábiles con obxecto de que poida presentar as alegacións que estime pertinentes.

Finalmente, outros dos asuntos aprobados, foi a prórroga dos contratos de seguros de responsabilidade civil, patrimonial, danos materiais, vehículos e maquinaria do Concello para a actual anualidade. Esta divídese en tres lotes diferentes, Lote 1, que consiste no seguro de responsabilidade civil e patrimonial do Concello, por un valor de 121.600 euros; o Lote 2 que é un seguro de danos materiais por un valor de 37.586 euros, e o Lote 3, que consiste no seguro de vehículos e maquinaria por 41.056 euros, para o periodo entre o 1 de marzo de 2013 e o 1 un de marzo de 2014.

Multimedia

Noticias relacionadas