Este aparcadoiro municipal está aberto á veciñanza fora do horario de traballo nas instalacións (15:30 a 22:00 de luns a xoves, 15:30 a 00:00 os venres e 10:00 a 00:00 as fins de semana).
Arroxo: "Seguimos a mellorar as instalacións municipais mentres vemos como a Xunta segue sen abrir o aparcadoiro do IES Lucus Augusti".

O Tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que a área de Mobilidade vén de renovar a sinalización de acceso ao aparcadoiro municipal do seminario, ubicado na avenida Anxo López Pérez. Esta instalación municipal mantense aberta ao público fóra do horario de atención do concello, é dicir, de 15:30 a 22:00 de luns a xoves, de 15:30 a 00:00 os venres e de 10:00 a 00:00 nas fins de semana. Rubén Arroxo destacou que "son centos de veciñas e veciños as que utilizan este aparcadoiro público todas as tardes, axudando a aumentar a capacidade de estacionamento da zona histórica durante as horas nas que a instalación de outro xeito estaría pechada".
Rubén Arroxo criticou que a Xunta siga sen abrir o aparcadoiro do IES Lucus Augusti, "un espazo que, como o Seminario, podería acoller vehículos e dar un importante servizo á veciñanza durante as tardes e as fins de semana", afirmou Rubén Arroxo, que engadiu "a Xunta podería darlle ao botón e permitir á veciñanza usar esta instalación, como xa se fixo con outras instalacións da cidade". O Tenente de Alcalde lembrou que "o PP marxina á cidade de Lugo desde a Xunta de Galiza, hoxe mesmo poderían abrir esta instalación e permitir o seu uso fóra do horario lectivo".
A solución proposta polo Tenente de Alcalde, é similar á executada no Seminario Menor, habilitar certas prazas reservadas as 24 horas para vehículos autorizados durante o periodo escolar e permitir o uso do público xera do resto de prazas deste espazo.

